martes, 8 de marzo de 2011

GRUPO NOVA QUERE REVIVIR OS TEMPOS DE ANTES.


Grupo Nova 2011 estará con xente que naceu e tivo unha vida bastante dura. Revivirá as antigas tradicións, festas, cancioneiros e demáis.
Estaremos con xente da Illa de Ons que nos contará e dará as súas opinión sobre o dito.
Deixemos atrás esta vida e mergullémonos na antiga.


GRUPO NOVA 2011

sábado, 12 de febrero de 2011

Bueu, privilegio de la naturaleza

Bueu (xentilicio: Buenense popularmente bueueiro) é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo. O concello ten unha poboación de 12.331 habitantes (2009)[3], unha superficie de 30'8 km² e unha densidade poboacional de 403,89 hab./km².
O concello de Bueu atópase ás beiras da ría de Pontevedra no Atlántico. Limita coa ría de Aldán polo oeste e coa ría de Pontevedra polo norte, co concello de Marín polo norleste, co concello de Moaña polo sudeste e co concello de Cangas polo sur. O municipio está formado por seis parroquias: Beluso, Bueu (San Martiño e San Martiño de Fóra), Cela, Ermelo e a Illa de Ons, parroquia formada polo arquipélago de Ons, formado pola Illa de Ons e a Illa de Onza e adscrita ao concello dende 1844.
Un dos principais atractivos de Bueu son as súas praias. O concello ten un total de 24 praias, das que 3 se atopan no arquipélago de Ons[4], pertencente ao Parque nacional das Illas Atlánticas.